Adéus a Richard Hatch

877

Richard Hatch, o actor que deu vida ao capitán Apollo na série orixinal de Battlestar Galactica dos anos 70 finou o pasado día 7 de febreiro aos 71 anos de idade nun hospital de Los Angeles após de non poder superar un cancro de páncreas.

Hatch interpretou a Apollo na série orixinal e tivo ademais un salientábel protagonismo coma actor secundário na nova série no papel do político Tom Zarek. Entre os seus outros créditos inclúen-se aparicións en séries clásicas coma The Streets of San Francisco, All My Children e asemade en Hawaii Five-O e The Waltons.

Hatch loitou moito por recuperar a série que lle deu a fama, escribindo libros e guións e tentando obter finanzamento para unha segunda parte. En 1999 interveu nun tráiler profesional titulado Galactica: The Second Coming, que tiña por obxectivo convencer aos produtores para que aportasen cartos ao seu proxecto. O tráiler non tivo éxito, pero os estudos mercaron a ideia para facer a nova versión da série, o rexurdimento que durou 4 tempadas até 2009 cun enorme éxito de crítica e audiéncia.

Hatch é sobrevivido polo seu fillo Paul e mais o seu irmán John.