A Interactive, disposta a vender Bioshock

0
62

O director xeral da Take-Two Interactive Software, Strauss Zelnick, ven de revelar que a popular empresa de creación de software e videoxogos non está moi interesada en se mergullar directamente no mundo do cinema, pero que si que considerarán ceder licenzas dos seus títulos de mais sona para posíbeis adaptacións á pantalla grande, sempre e cando poidan manter o control creativo.

Take-Two é a propietária de empresas coma Rockstar Games e 2K Games e é a dona de franquías emblemáticas coma Grand Theft Auto, Bioshock, Borderlands ou Red Dead Redemption, xunto a títulos de 2K Sports. Nunha entrevista Zelnick dixo:

Xa cedimos as licenzas dun par de títulos para facer longametraxes e non temos moito mais que dicir sobre iso ainda. Temos a mente aberta. Por suposto non imos usar os nosos própios médios para investir en cinema e televisión. Se outra xente quere mercar as nosas licenzas e nós podemos retér o control creativo, temos a mente aberta. O éxito das conversións de videoxogos ao cinema é irregular coma moito“.

Gore Verbinski tentara hai anos desenvolver unha versión de Bioshock ao cinema sen moito éxito, mentres que ahora fála-se das posibilidades de facer un filme coa franquía de Borderlands. A compañía posúe ademais os dereitos sobre un dos que se presume que será dos éxitos mais salientábeis este ano, Red Dead Redemption 2.