Máis terror español

0
203

Unha escena do filmeIntrusos (en Manasés) é a primeira película de Juan Carlos Claver para as salas comerciais despois de vários proxectos televisivos coma Electroshock (que participou en máis de 40 festivais internacionais e obtivo 12 prémios), El cruce, Sprint especial ou ¿Dónde está?, así coma diversas curtametraxes. O guión foi escrito por David Muñoz e Daniel García e conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros. É unha coprodución entre Kines Producciones, Dacsa Produccions, Just Films e IPC. Os produtores executivos son o mesmo Claver, Xavier Crespo, Joan Ginard e Adán Martín. Crespo tamén é o director de produción. O filme recibiu o apoio do ICAA, o IVAC valenciano, a Junta de Andalucía e diversas canles autonómicas coma TV3, TVV, Telemadrid e Canal Sur.

O filme é un thriller con tintes paranormais cuxa principal protagonista é Julia, unha “xornalista” especializada en casos paranormais. Un día recibe unha chamada dunha muller pedindo axuda xa que seica unhas preséncias pantasmais querenlle arrebatar á sua filla. Julia acude á sua casa e intenta convencer á muller de que iso non é real, pero ela alporíza-se e bótaa da casa. Julia, descougada, volve á casa da muller xusto para ver como ela chimpa da fiestra coa sua filla nos brazos e rodeada do que semellan ser pantasmas.

Mália o seu traballo, ela nunca acreditou realmente en pantasmas e este suceso ocasióna-lle unha terríbel crise nervosa. Un mes máis tarde volve ao traballo e o seu xefe encárga-lle unha reportaxe, pasar unha noche en Manasés, unha vila que leva abandoada dende os anos 40, cando misteriosamente desapareceron todos os seus habitantes en menos de 24 horas. Na vila, Julia comezará sentir preséncias extranas e empezarán-se suceder acontecementos sospeitosos.

Julia é interpretada por Belén López, á que acompañan Armando del Río, Marina Gatell e Miguel Angel Muñoz. A película foi rodada en localizacións de Guadalajara, Madrid e Sevilla este verán.