A veterán actriz Angela Lansbury é a nova incorporación ao reparto da agardada secuela Mary Poppins Returns que xa se está a filmar nestes intres nos estudos Shepperton (Inglaterra).
O filme, que é unha secuela da película orixinal da Disney de 1964, está dirixido por Rob Marshall e conta coma protagonistas a Emily Blunt, Lin-Manuel Miranda, Ben Whishaw, Emily Mortimer, Julie Walters, Colin Firth, Meryl Streep e Dick Van Dyke.
Ambientada na época da Gran Depresión nos anos 30 en Londres, Mary Poppins Returns está baseada en vários dos sete libros que compoñen a saga de P.L. Travers. Nesta história, Michael (Whishaw) e Jane (Mortimer) xa son adultos e Michael, os seus tres fillos e mais a súa ama de chaves Ellen (Walters), viven en Cherry Tree Lane.
Despois de que Michael sufra unha perda persoal, a enigmática neneira Mary Poppins (Blunt) entra de novo nas vidas da família Banks, e xunto co optimista faroleiro Jack (Miranda), usa as súas particulares habilidades máxicas para axudar a que a família redescobra a ledícia e as marabillas perdidas.
Lansbury interpretará ao persoaxe da señora dos globos. A actriz, que xa conta con 92 anos, traballou para a Disney en vários filmes, especialmente no clásico Bedknobs and Broomsticks.
Mary Poppins Returns ten prevista a súa estrea para o día de nadal de 2018.