David F. Sandberg dirixe a Shazam

0
97

O realizador sueco David F. Sandberg (Lights Out, Annabelle 2) está en conversas para se encargar da versión para o cinema do superheroe da DC Comics Shazam para a New Line. Shazam, tamén coñecido coma Capitán Marvel, ten coma identidade secreta a Billy Batson, un rapaz que pode transformar-se no superheroe co poder de seis deuses mitolóxicos.

Dwayne Johnson será o outro protagonista no papel do anti-heroe Black Adam, un papel que repetirá noutro filme no que el será a única estrela, tamén para os estudos New Line. Ambos proxectos están a se desenvolver conxuntamente coma parte oficial do novo Universo DC no cinema.