A nova novela de Chuck Wendig, Star Wars: Aftermath – Empire’s End, serve coma remate oficial da triloxía que narra os acontecementos que seguiron á caída do Império Galáctico en Return of the Jedi.
O mesmo cás anteriores dúas entregas do mesmo autor, esta novela vai rotando entre o argumento central e mais unha série de histórias anexas ou complementárias que exploran o que lle aconteceu a vários persoaxes na galáxia. E entre eses persoaxes hai un capítulo adicado a saber o que fo ide Jar Jar Binks tres décadas despois de que lle perdesemos a pista en Revenge of the Sith.
O capítulo describe uns feitos aparentemente aillados no planeta Naboo. Un neno refuxiado chamado Mapo atopa un Gungan dando un espectáculo para nenos nas rúas, facendo o pallso ao redor dunha fonte dúas veces por día mentres tenta coidadosamente que ningún adulto o vexa. Cando lle preguntan o seu nome, responde “Misa Jar Jar“.
Convertido en pallaso público, esquecido pola galáxia e obsesionado polos seus erros na triloxía precuela que contemplou a chegada ao poder do Chanceler Palpatine e o seu golpe de estado para se converter en Emperador, semella un triste final para un dos persoaxes mais detestados polos fans da série.
Star Wars: Aftermath – Empire’s End chegou aos andéis das librarías onte martes nos Estados Unidos.