Sam e Twitch por Kevin Smith

828

A BBC America ven de anunciar que Kevin Smith será o encargado de escribir, dirixir e producir unha série de televisión baseada no título Sam and Twitch, orixinal da Image Comics.

A parella de persoaxes apareceu por primeira vez nos cómics de Spawn, dous detectives de homicídios que se fixeron tan populares que axiña acadaron un títul ode seu e comezaron a resolver crimes baseados en mistérios de ocultismo nunha versión sinistra e violenta de New York City.

A presidenta de BBC America, Sarah Barnett, dixo que Smith está realmente emocionado pola série que terá un formato “crime da semana” e tamén algúns arcos argumentáis que se desenvolverán ao longo de vários episódios.

Polo de agora non está claro se o creador de Spawn, Todd McFarlane, está vencellado á série ou se hai algún compromiso de traer a outros persoaxes do universo Spawn. En todo caso, non hai aínda datas para o comezo da produción.

Os dous persoaxes apareceron previamente na pequena pantalla na série de debuxos animados Spawn da HBO, actualmente dispoñíbel a través da Internet.