Hook, a secuela que Steven Spielberg rodou en 1991 do clásico Peter Pan, non só presentou a un Peter xa adulto (Robin Williams) e mais ao Capitán Garfo (Dustin Hoffman), senón tamén a unha panda de rapaces que facían o papel dos Nenos Perdidos. Durante a auséncia de Peter, o líder da banda era Rufio (Dante Basco).
Mais de vintecinco anos despois, aquel é ainda o papel mais salientábel de Basco, e agora, coma produtor executivo, quere sacar adiante un novo proxecto. O seu título é Bangarang, e será unha curtometraxe para a pque piden 30.000 dólares nunha campaña en Kickstarter. A curta será en todo caso unha precuela do filme Hook, baseado no papel de Rufio antes de chegar ao país de Nunca Xamáis.
Na curta Roofus é un rapaz de 13 anos destinado a ser o líder dos Nenos Perdidos. El e o seu grupo de amigos, entre os que hai un neno xamaicano chamado Julani e unha nena latina de ollos brillantes chamada Ella, deberán atopar o xeito de que Roofus escape ao seu tráxico destiño coma orfo.
Polo de agora non hai actores vencellados ao proxecto, pero os produtores animan a quen viva en Los Angeles a que envíe a súa solicitude para participar.
O proxecto nestes intres, cando ainda fican 20 días para rematar o prazo, conta con mais de 44.000 dólares xa recadados e mais de 1.000 persoas que dan o seu apoio. Os produtores comprometéron-se a que se recadan mais de 200.000 dólares, farán unha longametraxe completa.
Ainda que o filme Hook conta con mais de 25 anos, o copyright continúa pertencendo á Sony Pictures e mais á Amblin Entertainment, polo que para Dante Basco non lle será en todo caso moi doado chegar a cumprir o seu soño.