Pouco despois do éxito de The LEGO Batman Movie, o director Chris McKay comezou a negociar a posibilidade de realizar un filme con acción real baseado no superheroe da DC Comics Nightwing para a Warner Bros. Pictures.
Bill Dubuque (The Accountant) está a escribir o guión sobre Dick Grayson, o membro mais novo dunha família de acróbatas que se converteu en Robin, o axudante de Batman, durante moitos anos antes de se independizar e loitar coma heroe en solitário baixo o nome de Nightwing.
O persoaxe de Robin aínda non apareceu no novo universo DC que está a se desenvolver nas pantallas de cinema, e tan só no recente filme de Zack Snyder Batman v. Superman se puido ver un uniforme pintarraxeado, se ben iso semellou ser unha referéncia a unha versión diferente de Robin, o Jason Todd que fora asasinado polo Joker en A Death in the Family.
Polo de agora non está claro onde ou como encaixará este novo Nightwing na liña temporal da franquía do universo cinematográfico da DC.