Unha sombra de máxia para Gerald Butler

0
57

Gerard Butler será o produtor da adaptación ao cinema da novela fantástica para adolescentes de Victoria Schwab A Darker Shade of Magic, cuxos dereitos está a negociar a Sony Pictures nunha poxa que está a acadar cifras moi salientábeis.

A história está centrada en Kell, un meigo que ten a habilidade de viaxar polos universos paralelos conectados por unha cidade máxica, neste caso Londres. Na novela existen o Londres Gris, na que a máxia é un mito, o Londres Vermello, onde a máxia é venerada, o Londres Branco, onde se está a loitar contra a máxia, e o Londres Negro, no que a máxia asoballou ao povo.

Cando Kell coñece a Delilah Bard, unha ladrona londinense, é arrastrado á aventura dos chimpos entre os universos. O libro é o primeiro dunha triloxía que pretende converter-se nunha nova franquía de éxito no cinema. Neal Moritz, Alan Siegel e Danielle Robinson son os outros produtores.