O veterán actor de televisión Cress Williams ven de se facer co papel protagonista da vindeira série de superheroes que a canle The CW está a preparar e que será a quinta do universo DC que chega ás pantallas: Black Lightning. Williams interpretará a Jefferson Pierce, un ex-superheroe que deixou o uniforme e se adaptou á súa nova vida baixo a súa identidade secreta hai moitos anos.
Agora, cunha filla entregada á causa da xustiza e outra que é unha estudante de medicina recrutada por unha banda de delincuentes, deberá enfundar-se de novo o traxe de heroe e percorrer as rúas baixo a identidade de Black Lightning (ou Ráio Negro, coma é coñecido en Galiza).
Williams é un habitual das pantallas de televisión, onde puidemos ve-lo en séries coma Prison Break, Friday Night Lights, Grey’s Anatomy, E.R., Hart of Dixie, Providence, Nash Bridges, Veronica Mars, Living Single e actualmente en Code Black.
Salim e Mara Brock Akil escribirán os guións e serán os produtores executivos deste proxecto, que conta además coa participación de Greg Berlanti e Sarah Schechter. Akil Productions e Berlanti Productions producirán conxuntamente xunto á Warner Bros. TV.