Matt Ross en Mañán e Mañán

584

O actor e director Matt Ross (Captain Fantastic) será o encargado de realizar para a Tristar Pictures o filme Tomorrow and Tomorrow, a adaptación ao cinema da novela homónima de ciéncia-ficción escrita en 2014 por Tom Sweterlitsch.

A história está ambientada nun futuro próximo, cando unha misteriosa explosión destrúe a cidade de Pittsburgh, que ten que ser recreada nun contorno de realidade virtual chamado “O Arquivo”.

Un home, danado emocionalmente pola perda da súa muller e do seu fillo, descobre que hai unha vítima de asasinato non rexistrada polo Arquivo e a partir dese intre a súa vida é arrastrada ao mistério.

Mark Gordon e Lynette Howell Taylor serán os produtores.