Bumblebee independíza-se dos Transformers

0
163

O director do filme de debuxos animados Kubo and the Two Strings e director xeral de LAIKA Studios, Travis Knight, fará o seu debut coma director dunha longametraxe con actores de carne e óso en Bumblebee, o spin-off de Transformers.

Polo de agora o único que se sabe é que a história vai-se enfocar no popular persoaxe que apareceu en todos os filmes de Transformers de Michael Bay, pero non se deron a coñecer mais detalles do proxecto.

Knight fíxo-se co posto tras de lle gañar a partida a salientábeis realizadores coma Chris McKay, Jaume Collet-Serra, Rick Famuyiwa, Seth Gordon e mais os irmáns Nee.

Christina Hudson escribiu o guión, mentres ca Bay, Lorenzo di Bonaventura e Steven Spielberg serán os produtores.