Mickey Rourke, o psiquiatra

0
111

O veterán actor Mickey Rourke ven de se facer co papel de protagonista en Unhinged, o vindeiro filme de terror sobrenatural independente de Mark Atkins que producirán conxuntamente a Archstone Entertainment e mais a Alt House Productions.

Rourke interpretará ao Dr. Elder, un prominente psiquiatra nun hospital público que loita contra a loucura e mais contra unha forza sobrenatural mentres tenta evitar que un pacente fuxido asasine a cinco persoas que ten prisioneiras nunha casa afastada.

Ian Holt escribiu o guión deste filme, que el mesmo producirá xunto a Scott Martin, Michael Alden, Michael Kuciak e Michael Slifkin. A rodaxe escomezará en xullo en Los Angeles.