A AMC planea unha era dos miragres

0
112

A canle AMC ven de se facer cos dereitos para a pequena pantalla sobre a novela The Age of Miracles, publicada en 2002 e orixinal da escritora Karen Thompson Walker, co obxectivo de desenvolver unha série que producirá a compañía de Shawn Levy, a 21 Laps (a mesma de Stranger Things).

A história vai sobre unha adolescente californián que xunto coa súa família descobre que a rotación da Terra está a se deter cunha velocidade expoñencial. Mentres os días e as noites van-se alongando pouco a pouco, a gravidade é afectada e a xente comeza a enfermar por mor dunha misteriosa nova doenza.

A rapaza asemade deberá enfrontar-se aos desastres normais do día a día cando o matrimónio dos seus pais remate e ela encontre o seu primeiro amor.

Sinead Daly (The Get Down) será a encargada de escribir o guión, que Levy producirá xunto a Dan Levine.