Os novos mutantes

0
213

Os Novos MutantesA Twentieth Century Fox está a forzar os motores para poder continuar facendo medrar a súa franquía de mutantes procedentes da Patrulla X, e agora cun novo e fresco grupo de novos mutantes.

Os estudos veñen de contratar ao creador de Gossip Girl, Josh Schwartz, para que escriba o guión dun filme que levrá por título X-Men: First Class. Ademais seica lle ofreceron ser o director, pero rexeitou a oferta.

Schwartz, creador e produtor executivo da série para adolescentes Gossip Girl que emite a canle CW, así coma a non menos folletinesca saga de O.C., foi contratado para lles inxectar un poco de sensibilidade aos duros superheroes, que levan recadados máis de 1.200 millóns de dólares nos cinemas de todo o mundo.

A Fox mantén polo de agora o silenzo ao respecto dos seus plans para este proxecto.