O ascenso de David Karlak

818

Rise, a curta de ciéncia-ficción do realizador David Karlak que protagonizou o tristemente desaparecido Anton Yelchin, será adaptada a unha longametraxe que producirán a Filmula e mais a Cross Creek.

A história está ambientada nun futuro distópico no que os intentos do ser humán por crear unha intelixéncia artificial desembocaron nunha loucura que está fóra de control, levando a unha guerra contra as máquinas.

Karlak, que dirixirá a longametraxe, escribiu a curta orixinal xunto aos guionistas da saga de Saw Marcus Dunstan e Patrick Melton.

Johnny Lin, Brian Oliver, Roy Lee e Trevor Engelson serán os produtores e Lin finanzará totalmente o proxecto, co plan de xerar unha nova franquía cinematográfica.