O novo Joker entra en TRON

0
165

O Joker mais recente no cinema, Jared Leto, está a considerar a ideia dun relanzamento da saga de TRON pola Disney Pictures.

De se decidir por asinar a participar no proxecto, sería o protagonista e mais o produtor xunto a Emma Ludbrook e mais o co-produtor de TRON: Legacy Justin Springer. Polo de agora non hai ningún guionista nin director vencellados a esta aventura, para a que se podería tentar usar o guión da nunca realizada terceira entrega da saga, TRON: Ascension, coma punto de partida.

Leto interpretaría a un persoaxe chamado Ares, quen non apareceu na pantalla antes, pero que é un persoaxe clave no novo guión. nestes intres non está claro se Joseph Kosinski ou os actores de TRON: Legacy coma Garrett Hedlund, Olivia Wilde, Michael Sheen e Jeff Bridges regresarían dalgún xeito para este relanzamento.

En todo caso ,estas novas chegan precisamente un día despois de que o director de TRON: Legacy ofrecera comentários sobre como a proposta de TRON: Ascension tivo que ser conxelada porque a Disney está moi ocupada cos filmes da Marvel e a Lucasfilm.

O guión seica iría sobre unha invasión, que ten lugar ao mesmo tempo no mundo real e na realidade virtual.