A Warner, disposta a revivir The Matrix

922

A Warner Bros. Pictures seica está nos primeiros chanzos para desenvolver un relanzamento da emblemática franquía de The Matrix. Zak Penn está a manter conversas para escribir un esbozo do guión da nova versión e polo que se conta, mesmo teñen xa a vista posta na última Antorcha Humana, o californián Michael B. Jordan, para que protagonice o novo filme.

Nombergantes, as cousas están a dar os seus primeiros pasos e aínda é moi cedo para saber se algo vai saír adiante. As irmáns Wachowski, que escribiron e dirixiron a película orixinal e mais as súas dúas secuelas, non están vencelladas polo de agora ao proxecto e tampouco se sabe se o estarán nun futuro.

Os rumores apuntaban a que Joel Silver contactara coa Warners para saber que posibilidades tería un posíbel novo filme, pero o certo é que Silver vendeu a súa participación nos dereitos en 2012 aos estudos e é moi dubidoso que poida volver ter algunha implicación sinificativa en todo o proxecto.

A primeira entrega, que apareceu en 1999, foi a primeira película calificada “R” (para maiores de 18 anos) con mais éxito na billetería e a cuarta con maior recadación daquel ano, no que ademais se fixo con catro Oscars.

Keanu Reeves, o protagonista orixinal, xa deixara cair hai tempo que está disposto a repetir o seu papel ou a participar noutra entrega sempre e cando as Wachowskis participen nela.