Darkmouth, á caza do monstro

0
43

A Alcon Entertainment ven de contratar a dous veteráns da Disney Animation e da Pixar, David Pimental (Moana) e Douglas Sweetland (Toy Story) para que dirixan unha película de debuxos animados que adapte ao cinema Darkmouth, a série de libros de aventura fantásticos do escritor irlandés Shane Hegarty.

A saga, que leva xa tres tomos publicados, é unha comédia fantástica para nenos protagonizada por Finn, un rapaz de 12 anos excesivamente entusiasta que morde mais do que pode tragar cando decide dar o chimpo ao próspero negócio familiar: a caza de monstros.

Lloyd Taylor (Race to Witch Mountain) escribirá o guión, mentres ca Simon Brooks, Kira Davis, Craig Peck, Broderick Johnson e Andrew Kosove serán os produtores.