Dillard no remake da Mosca

909

Após de que o seu debut na cadeira de director co filme Sleight causara sensación no festival de cinema de Sundance, o realizador J.D. Dillard está a negociar a posíbel dirección e guión do remake do clásico filme de terror The Fly para a 20th Century Fox.

Kurt Neumann dirixiu a fita orixinal de 1958, na que un científico vai mutando amodiño nunha grotesca mosca xigante. A versión mais coñecida é nombergantes a que realizou David Cronenberg en 1986, outro clásico do terror protagonizado por Jeff Goldblum e Geena Davis.

Dillard escribirá o guión xunto co seu compañeiro Alex Theurer, co plan de crearen unha franquía.

Mentres tanto, a súa película Sleight, un thriller de ciéncia-ficción protagonizado por un meigo, chegará aos cinemas o 7 de abril.