Godzilla en debuxos animados

0
97

GodzillaA Polygon Pictures e mais a xaponesa Toho veñen de anunciar que chegaron a un acordo para produciren conxuntamente o filme de debuxos animados Godzilla, que chegará ás pantallas da Netflix a finais deste ano. A versión de Gen Urobuchi, Kobun Shizuno e Hiroyuki Seshita do clásico monstro xigante é a primeira en debuxos animados que se realiza en Xapón, onde se estreará nas salas de cinema este ano.