Os Russo producirán a Quantum e Woody

0
82

Os irmáns Anthony e Joe Russo, que comezaron dirixindo comédias na televisión coma Community e Happy Endings, deron o chimpo á pantalla grande grazas ás secuelas do Capitán América e aos dous seguintes filmes dos Vingadores que están nestes intres en produción.

Agora algúns médios informan que os Russo van-se pasar ao campo da produción executiva para unha série de televisión baseada en Quantum and Woody, un cómic editado pola Valiant. Mike Larocca, Andrew Barrer, Gabriel Ferrari e Dinesh Shamdasani serán asemade os produtores executivos deste programa, que conta con guións de Barrer e Ferrari.

Os cómics van sobre dous irmáns adoutados – Eric e Woody Henderson – que medran xuntos e convérten-se nos millores amigos, pero fican distanzados e riváis sendo xa adultos. Cando seu pai é asasinado, reúnen-se para investigaren, pero un accidente cunha máquina de enerxía experimental que estoupa fai que adquiran novos poderes.

As súas novas habilidades darán-lles a oportunidade de investigar mais en profundidade a morte de seu pai, así coma de xerar rachas e campos de enerxía, pero ao mesmo tempo obríga-os a estaren sempre xuntos para se converteren no dúo de superheroes coñecido coma Quantum e Woody.

Polo de agora non se sabe cando podería comezar a produción.