Medalla para Stan Lee

0
205
Stan Lee
Stan Lee

O gurú e lenda vivinte do cómic Stan Lee, creador de persoaxes coma Spiderman ou a Patrulla X entre moitos outros, foi ún dos recentes gañadores da Medalla Nacional das Artes, a máis alta condecoración que se outorga nos Estados Unidos á exceléncia artística, segundo anunciou a Casa Branca o pasado día 17.

Lee mantivo unha xuntanza cos outros gañadores das medallas para recibir o prémio das mans do ainda Presidente George W. Bush nunha cerimónia que tivo lugar na ala Este da Casa Branca, sede do poder executivo dos Estados Unidos.