Superman úne-se a Mission: Impossible 6

0
54

O actor que dá vida a Superman na pantalla grande, Henry Cavill, unirá-se ao reparto da sexta entrega da saga de Mission: Impossible para a Paramount e a Skydance. O guionista e director de Mission: Impossible – Rogue Nation, Christopher McQuarrie, regresa para o novo filme, de novo escribindo e dirixindo o proxecto.

Polo de agora non se coñecen mais detalles sobre o argumento, pero seica Cavill podería ser a nova man dereita do xefe da IMF. Henry Czerny, Anthony Hopkins, Laurence Fishburne, Tom Wilkinson e Alec Baldwin foron os actores que interpretaron en anteriores ocasións ao director da organización secreta que ampara aos espías (ou no caso de Baldwin, o director da CIA).

O papel de Cavill soa esencialmente coma un posíbel sustituto do persoaxe de Jeremy Renner, quen de todas maneiras regresará xunto a Rebecca Ferguson e Simon Pegg. Tom Cruise será coma sempre o protagonista e ademais o produtor xunto a David Ellison.

A rodaxe comezará en breve e a estrea se producirá ao longo de 2018.