A Sony anúncia a Venom para 2018

0
86

Dun xeito totalmente inesperado, a Sony Pictures anunciou que van facer unha película baseada no persoaxe de Venom para estrear o vindeiro 5 de outubro de 2018. O filme ocupará o espazo que deixou o cancelado Aquaman de James Wan.

A primeira aparición de Venom foi nos cómics de Spiderman coma un novo uniforme de cór negra, pero axiña descobriu-se que en realidade era un simbionte extra-terrestre cunha persoalidade de seu e fusionou-se co fotógrafo Eddie Brock para se converter no antiheroe que todos coñecemos hoxe.

Ao longo dos últimos anos fixéron-se vários esforzos para levar a Venom á pantalla grande, pero sen éxito. O ano pasado anunciára-se que a película estaba aínda planeada, pero non había ningunha ligazón coa nova franquía protagonizada por Tom Holland.

Vários nmédios publicaron que o director do relanzamento de The Mummy, Alex Kurtzman, e tamén autor do guión de The Amazing Spider-Man 2, será o ehncargado de levar a Venom ao cinema.

Para este mes de xullo estréa-se Spider-Man: Homecoming e o 21 de decembro de 2018 haberá unha versión do trepamuros en debuxos animados.