Adiada a secuela de Superman

0
189

O traxe de SupermanA Warner Brothers ven de adiar o lanzamento da súa secuela do filme de Bryan Singer Superman Returns até 2010 dende a súa data orixinal en 2009 por mor da actual folga de guionistas de Hollywood.

Non hai ningún guionista contratado pol ode agora. Os guionistas de Superman Returns, Michael Dougherty e Dan Harris, abandoaron o proxecto de escribir a secuela, que ía levar por título Superman: Man of Steel, e a folga chegou xusto cando estaban a procurar outros guionistas para escribir un primeiro esbozo.

Contrariamente ao informado até de agora, os executivos da Warner Alan Horn e Jeff Robinov xa acordaron con Singer que sexa este director o que se encargue de facer o filme, orzamentado en 170 millóns de dólares, e todo con máis acción, un malvado superpoderoso e menos melodrama romántico. Seica Singer xa pechou o trato para producir e dirixir esta secuela, ainda que outras fontes insisten en que Singer non será o director.