Dan Trachtenberg na carreira do espazo

0
123

O director de 10 Cloverfield Lane, Dan Trachtenberg, semella ser o máximo candidato para se encargar do filme épico de ciéncia-ficción Space Race para a Universal Pictures.

O proxecto describiu-se coma unha longametraxe de alto orzamento e máximo interese, pero non hai nin unha soa pista sobre o seu argumento.

A Universal está a negociar arestora os dereitos sobre un guión de Daniel Kunka, que Trachtenberg e mais Dylan Clark (War For The Planet Of The Apes) producirán.

Kunka e Trachtenberg xa traballaron xuntos en Crime of the Century, que está nestes intres en desenvolvemento pola Universal.