A Ilion asócia-se coa Skydance

0
144

A Skydance Media (Mission: Impossible – Rogue Nation, Star Trek Beyond) ven de crear unha nova división de debuxos animados e pechará un acordo por vários anos coa empresa de gráficos 3D xerados por computador Ilion Animation Studios, afincada en Madrid (España) e responsábel de filmes coma Planet 51 ou Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cahondo.

A nova sociedade desenvolverá e producirá unha série de longametraxes de debuxos animados e séries de televisión comezando con dúas películas que xa están a se facer.

Linda Woolverton (Maleficent) escribiu o guión da primeira fita, que vai sobre unha rapaza adolescente que usa os seus poderes máxicos para defender á súa família cando as forzas enfrontadas da luz e da escuridade ameacen con dividir ao seu reino.

Woolverton, David Ellison, Dana Goldberg, Ignacio Pérez Dolset e José F. San Román serán os produtores. Agárda-se que o lanzamento sexa para 2019.

A segunda película titúla-se Luck, unha comédia que desvelará os segredos da guerra milenária entre as organizacións da boa sorte e da mala sorte que afectan ás nosas vidas sen que nada saibamos. Jonathan Aibel e Glenn Berger (da triloxía de Kung Fu Panda) están a escribir o guión e serán os produtores.