A Disney non cede á censura

0
124

A Disney Pictures anunciou que non vai facer curtes polo “momento gai” do seu filme Beauty and the Beast despois de que o comité de censura de Malásia lles pedira face-lo.

Os estudos decedieron polo tanto adiar a estrea da película até que a censura llespermita ou non estrear a película sen cámbios. Malásia ten unhas leis moi estritas contra a homosexualidade e o departamento de censura permite persoaxes gais sempre e cando amosen “arrepentimento” pola súa condición.

A posíbel prohibición da fita fai que Malásia se una a outro país onde a homosexualidade está igualmente ou mais castigada: Rúsia, onde o seu ministro de cultura afirmou que só se permitiría a exhibición para maiores de 16 anos. Noutros lugares, coma algúns cinemas de Alabama, xa anunciaron que simplemente non permitirían a estrea.

O grupo cristián Faith Driven Consumers (Consumidores guiados pola fe) afirmou que os seus 41 millóns de seguidores boicotarán o filme por mor dese momento, e segundo engadiron, non-o fan “nin por homofóbia nin intoleráncia”.

O caso é que o “momento gai” é unha escena ao remate do filme no que se deixa entrever a sexualidade dun persoaxe secundário chamado LeFou (Josh Gad) cando despois de estar bailando cunha rapaza, cámbia a parella de baile por un home, nunha escena que en total dura menos dun segundo.

Ese intre, que se fixo coma homenaxe ao defunto Howard Ashman, pecha uns cantos chistes que se fan sobre como LeFou non ten acompañante feminina e de como semella estar obsesionado co zoupón de Gaston. Mesmo así, é só un momento. Mesmo o compositor Alan Menken descríbe-o coma “unha pequena chiscadela ao remate que non di nada para ninguén. É menos ca nada, é case invisíbel“.

O filme en todo caso, con ou sen polémicas, leva xa 720 millóns de dólares recadados en todo o mundo, cun orzamento inicial de 120.