Seis novos filmes dos Power Rangers

0
150

A secuela dos Power Rangers que se estaba a preparar xa non será unha secuela… senón cinco. Haim Saban, da produtora Saban Entertainment que produce e distribúe a franquía, dixo: “xa temos un arco argumental de seis películas… se este filme ten tanto éxito coma agardo o 24 de marzo, o 25 teremos a primeira xuntanza para a segunda parte“.

O novo filme que reinícia a saga está protagonizado por Dacre Montgomery, RJ Cyler, Naomi Scott, Becky G, Ludi Lin, Elizabeth Banks, Bryan Cranston e Bill Hader. Polo de agora as críticas foron moi negativas, pero os despachos de billetes xa recadaron mais de 67 millóns de dólares, cun orzamento que estaba ao redor dos 100.