Channing Tatum ten un irmán zombi

0
140

A Tencent Pictures vai-se asociar con Channing Tatum e coa Free Association de Reid Carolin para produciren conxuntamente unha adaptación ao cinema do cómic Zombie Brother.

A história, que é a mais salientábel da plataforma dixital de cómics Tencent, vai sobre un home que vive en H City, un lugar onde a poboación está a se converter amodo en zombis por mor do auga contaminada. Mentres se van devorando entre eles, o protagonista decide fuxir.

O cómic foi xa adaptado en China, onde tivo grande éxito coma série de debuxos animados e obra de teatro, pero a Tencent e mais a Free Association planean desenvolve-lo agora para o mercado internacional.

Matt Lieberman escribirá o guión mentres ca David Sandberg (o responsábel da curta Kung Fury) será o director. Tatum, Carolin e Peter Kiernan serán os produtores.