Joss Whedon dirixirá a Batgirl

0
102

O creador de Buffy Cazavampiros e director dos Vingadores, Joss Whedon, semella estar preto de chegar a un acordo para dirixir, escribir e producir un filme ainda sen título pero que estará protagonizado por Batgirl, todo elo para a Warner Bros. Pictures.

A superheroína contará por fin cun filme de acción para ela soa, pero será dentro do Universo Expandido da DC Comics. Polo de agora non hai mais produtores vencellados ao proxecto, que se orixinou o mes pasado e contará probábelmente con outros persoaxes do mundo de Gotham City.

Batgirl apareceu por primeira vez nos cómics da DC en 1967 coma Barbara Gordon, a filla do comisário de policía de Gotham City James Gordon. Iso sinifica que J.K. Simmons, quen interpreta ao comisário Gordon no filme Justice League, podería aparecer neste filme.

Toby Emmerich, Jon Berg e Geoff Johns supervisarán a longametraxe, que non ten datas de estrea previstas polo de agora.