De Aquaman á Lagoa Negra

0
163

Will Beall, o guionista de Aquaman e Gangster Squad, será o encargado de escribir o libreto do remake da clásica longametraxe de terror The Creature From The Black Lagoon para a Universal Pictures.

O filme orixinal de 1954 ía sobre unha expedición ao Amazonas que descobre a masacre dunha expedición anterior a mans do que semella ser unha creatura humanoide anfíbia con forma de peixe.

O proxecto é un dos filmes do novo universo cinemático dos monstros da Universal Pictures que comezará este mes de xuño coa estrea do relanzamento de The Mummy. Chris Morgan e Alex Kurtzman, que están a supervisar este novo universo compartido, tamén serán os produtores.

Neste intre están xa en desenvolvemento os filmes sobre Frankenstein, o Home Invisíbel, a noiva de Frankenstein e mais o cazador de vampiros Van Helsing.