Os mundos de Xanth dan o chimpo ás pantallas

0
140

O SP Entertainment Group vai desenvolver unha longametraxe e mais unha série de televisión baseada na série de libros de fantasía de Piers Anthony ambientados nos mundos de Xanth.

O primeiro dos libros, A Spell for Chameleon, publicou-se en 1977 e a 42ª entrega da saga aparecerá nos andéis das librarías este mesmo mes. Os plans son anunciar en breve quen será o responsábel de levar a cabo este proxecto.

Xanth é un mundo enmeigado sospeitosamente semellante a Florida onde a máxia é a protagonista, onde cada cidadán ten un feitizo que só el pode esconxurar. No primeiro libro nárra-se a aventura dunha persoa que é unha excepción, Bink da Vila do Norde, quen non posúe ningunha máxia, mália que as cartas augurában-lle que ía ser un dos meigos maisd pdoerosos do país. Bink sabe que se non atopa unha solución axiña será exiliado.

Steven Paul, Spike Seldin e Hans Futterman serán os produtores.