The clone wars en exclusiva en Neox

0
230

Os seguidores da Guerra das Galáxias están de noraboa, xa que Antena 3 volve apostar por Neox ao trasladar unha das suas estreas á sua canle de TDT. A privada decidiu estrear a série de animación Star Wars: The clone wars primeiro en Neox e mais tarde na sua canle principal.

Nombergantes, ainda que a série chegue antes a Neox, os espectadores de Antena 3 tamén terán ocasión de segui-la unha semana mais tarde. A canle Neox estreará Star Wars: The clone wars a finais de novembro, mentres que a Antena 3 chegará a primeiros de decembro.

A série, da que se ofrecerá un capítulo semanal, aterrizará no access prime time, seguindo o camiño emprendido por outras séries coma Os Simpson ou American dad.

Con esta decisión, Antena 3 volve a lle dar prioridade á sua principal cadea de TDT. De feito, Antena.Neox volveu encabezar o ránking de emisoras temáticas o pasado mes de outubro ao colleitar un 0,65%. Por atrás ficaron Clan TVE (0,62%), Disney Channel (0,58%), AXN (0,44%) e Teledeporte (0,43%). Tráta-se dunha manobra estratéxica, sobre todo, se temos en conta que en outubro dos 30 espazos mais seguidos, 22 corresponderon a Os Simpson, que Antena.Neox emite a diário no access prime time.

Star Wars: The clone wars, producida pola Lucasfilm Animation, a raíz da película do mesmo nome estreada no pasado mes de agosto en España consta dun total de 22 episódios. Cada capítulo da série conta cunha duración aproximada de 25 minutos.