O co-director de Kon-Tiki e de Pirates of the Caribbean: Dead Men Tell No Tales, Joachim Ronning, está a negociar a súa incorporación ao proxecto que adaptará á pantalla grande Micro, a derradeira novela de Michael Crichton, o autor de Jurassic Park e Westworld, para a Amblin Entertainment e a Universal Pictures.
O thriller de alto orzamento vai sobre un grupo de estudantes graduados que viaxan a Hawaii para traballaren nunha misteriosa empresa de biotecnoloxía, pero ao chegar atópan-se miniaturizados e enviados á selva tropical, con nada agás os seus coñecementos científicos para se protexeren.
Micro estaba sen rematar cando Crichton morreu en 2008, deixando nas mans de Richard Preston (autor de Crisis in the Hot Zone) a tarefa de remata-la. A novela publicou-se en 2011 e pasou mais de 20 semanas nas listas das mais vendidas.
A Amblin (a produtora de Steven Spielberg) e mais Michael Wright fixéron-se cos dereitos sobre a novela hai dous anos e teñen toda a intención de desenvolve-los. Darren Lemke xa escribiu un guión e Frank Marshall será o produtor dun filme que comezará a se filmar este mesmo outono.