A produtora Anonymous Content fíxo-se cos dereitos sobre a vindeira novela sobrenatural de Stephen King e mais o seu fillo Owen King Sleeping Beauties, con plans de converte-la nunha série de televisión.
A história, que non aparecerá até o vindeiro mes de setembro, está ambientada nun futuro próximo nunha pequena vila dos Apalaches cuxa principal empresa é unha prisión de mulleres. O problema é que cando as mulleres van durmir as súas mentes van a outro lugar e elas fican envoltas nunha espécie de gasa de casulo.
Se a gasa se racha, as mulleres convérten-se en animáis espectacularmente violentos. Mentres, os homes abandoados fican só amparados polos seus cada vez mais primitivos aparellos. Pero hai unha muller que é inmune a todo isto e podería ser a chave do asunto.
Michael Sugar (The OA, 13 Reasons Why) e Ashley Zalta (The OA, Maniac) serán os produtores executivos.