Após do seu éxito adaptando á pequena pantalla para a canle AMC a série de cómic Preacher, Seth Rogen e Evan Goldberg encargarán-se de converter o título Invincible (orixinal de Robert Kirkman, creador de The Walking Dead) nunha longametraxe para a Universal Pictures e a Skybound Entertainment.
Publicada por primeira vez en 2003, a história vai sobre un estudante de instituto que só ten unha diferéncia cos seus semellantes: o seu pai é o superheroe mais pdoeroso do planeta, e el, algún día, herdará eses superpoderes.
Rogen e Goldberg (Superbad, Sausage Party) escribirán, dirixirán e producirán o filme por médio da súa compañía Point Grey. Kirkman, James Weaver, David Alpert, Bryan Furst e Sean Furst serán os outros produtores.