Fede Álvarez entrará no Labirinto

0
150

O director uruguáio Fede Álvarez será o encargado de facer a nova versión do clásico de aventuras familiares Labyrinth, que rodou Jim Henson en 1986 para a TriStar.

O filme orixinal ía sobre unha rapaza de 16 anos (Jennifer Connelly) que ficaba encargada de coidar ao seu irmán pequeno, un bebé que é secuestrado polo rei dos Goblins (interpretado por David Bowie). A rapaza terá tan só 13 horas para salvar ao meniño, que está no centro dun labirinto cheo de animais fantásticos e misteriosos perigos.

Todo apunta a que esta será unha nova versión dentro do universo creado polo filme orixinal, pero que non será un relanzamento nin un remake senón mais ben unha nova aventura con diferentes protagonistas, no que nin sequera estará o persoaxe ao que deu vida Bowie.

Alvarez co-escribirá o guión xunto a Jay Basu mentres ca Lisa Henson será a produtora. Basu está nestes intres a escribir o guión do novo filme da saga de Lisbeth Salander, The Girl in the Spider’s Web, que Álvarez tamén dirixe e que seica vai saír adiante após de moito agardar pola súa oportunidade.