O actor de The Matrix e The Lord of the Rings Hugo Weaving volverá a ver-se as caras con Peter Jackson na vindeira adaptación ao cinema dos libros de Philip Reeve Mortal Engines para a Universal Pictures.
Ambientados nun mundo a moitos milleiros de anos no futuro, as cidades da Terra están agora asentadas sobre enormes carros motorizados que se moven polo mundo na procura de novas fontes de recursos naturáis, cada vez mais difíciles de atopar, todo elo mentres loitas unhas contra outras.
Nunha desas enormes cidades motorizadas, Tom Natsworthy terá un encontro inesperado cunha misteriosa rapaza dos mundos exteriores, quen cambiará o decurso da súa vida para sempre.
Robbie Sheehan, Ronan Raftery, Hera Hilmar, Stephen Lang, Jihae e mais Leila George son os protagonistas desta longametraxe de aventuras xuvenís, que conta cun guión de Jackson, Walsh e Philippa Boyens.
Christian Rivers é o director do filme, que Jackson producirá e que será estreado o vindeiro 14 de decembro do ano que ven.