Josh Brolin ven de se facer co cobizado papel de Cable, o antiheroe que será o adversário do protagonista Ryan Reynolds na vindeira secuela de Deadpool para a 20th Century Fox.
Michael Shannon e David Harbour eran até agora os nomes que mais se barallaban para o papel, e mesmo falou-se de Russell Crowe e Brad Pitt nalgún intre, pero finalmente Brolin xurdiu coma o escollido a semana pasada.
Esta será a segunda vez que Brolin interprete a un persoaxe da Marvel, despois de facer do superfalcatruán Thanos en 2014 no filme Guardians of the Galaxy e en 2015 en Avengers: Age of Ultron, se ben en ambas ocasións baixo grosas capas de maquillaxe e con moitos efectos especiais, que o deixaron totalmente irrecoñecíbel.
O acordo con Brolin para Deadpool estenderá-se por catro filmes, a partir da segunda parte de Deadpool dirixida por David Leitch e que comezará a se rodar en Canadá no mes de xuño.O outro superheroe que aparecerá no filme será Domino, interpretado por Zazie Beetz.