Mike Colter en loita contra a “Extinción”

0
145

O protagonista da série de televisión Luke Cage, Mike Colter, ven de se unir ao reparto que interpretará o vindeiro thriller de ciéncia-ficción Extinction, que dirixirá Ben Young para a Universal Pictures e mais a Good Universe.

Eric Heisserer, Spenser Cohen e Bradley Caleb Kane escribiron o guión, no que Michael Peña interpreta a un home que debe salvar á súa família dalgún tipo de fenómeno sobrenatural.

O papel de Colter na história aínda non se deu a coñecer, pero no reparto figuran xa Lizzy Caplan e Israel Broussard. Todd Lieberman e David Hoberman producirán o filme, que ten prevista a estrea para o 26 de xaneiro de 2018.