King Kong chega á televisión

996

A MarVista Entertainment e mais a IM Global Television veñen de anunciar que unirán as súas forzas para desenvolver, coproducir e cofinanzar a série de televisión King Kong Skull Island, que queren deixar claro que non ten ningunha relación co recente filme Kong: Skull Island.

O proxecto, segundo dixeron, será unha continuación serializada e ambientada nos nosos días do clásico, respaldada polos herdeiros do creador de King Kong en exclusiva, e contará cun reparto multicultural e dirixido por unha muller que escarbará mais nas marabillas e nos horrores da illa Skull e nas súas orixes.

Jonathan Penner e Stacy Title serán os guionistas e produtores executivos xunto a Dannie Festa. O libro de Joe DeVito publicado en 2004 Kong: King Of Skull Island, que serviu coma precuela e secuela do filme orixinal de 1930, será a base da nova série de televisión.

O proxecto ainda ten que ser comprado por algunha canle ou compañía de streaming. O recente filme Kong: Skull Island recadou mais de 550 millóns de dólares en todo o mundo.