HBO prepara a nova versión de Fahrenheit 451

906

Michael B. Jordan e Michael Shannon serán os protagonistas dunha nova adaptación á pequena pantalla en forma de telefilme da clásica novela de ciéncia-ficción de Ray Bradbury Fahrenheit 451 para a HBO.

A história está ambientada nun futuro non demasiado afastado onde os médios de comunicación visuais convertéron-se no ópio das masas. A História está prohibida e os bombeiros xa non son os encargados de apagar o lume, senón de crealo queimando libros.

Jordan fará o papel de Guy Montag, un xoven bombeiro que renúncia ao seu mundo, loita contra o seu mentor e quere ga1ar de novo a súa humanidade. Shannon será Beatty, o capitán e mentor de Montag.

Jordan será ademais o produtor executivo xunto a Sarah Green, Alan Gasmer, Peter Jaysen e Ramin Bahrani. Este último será o director do proxecto e guionista xunto a Amir Naderi.