Os Novos Guerreiros… do humor

0
183

A canle de cable e televisión por satélite americana Freeform, propiedade da Disney, ven de revelar quen serán os superheroes que formarán parte da nova série de televisión da Marvel The New Warriors, na que vai estar Squirrel Girl.

O proxecto, que será a primeira série cómica con episódios de 30 minutos que fará a Marvel, vai sobre un grupo de superheroes estrafalários pero identificábeis para o público infantil e pre-adolescente ao que vai dirixida a série. Os membros clásicos e mais coñecidos dos cómics non serán parte da equipa: Kid Nova, Firestar, Darkhawk ou Scarlet Spider.

Quen si que estarán serán a xa mencionada Squirrel Girl, o YouTuber millonário Night Thrasher, o lanzador de bólas quinéticas Speedball, o hipocondríaco Microbe, a telequinética Deborah Fields e mais o lacazán Mister Immortal.

The New Warriors debutará na televisión o ano que ven.