Escitas, a morte aleatória

0
209

A Universal Pictures ven de contratar aos guionistas de 10 Cloverfield Lane Josh Campbell e Matt Stuecken para que escriban a adaptación ao cinema da novela para adolescentes Scythe, orixinal de Neal Shusterman.

A história está ambientada nun futuro onde os humáns erradicaron as enfermidades. Isto fai que para evitar que o número de persoas medre ilimitadamente haxa que recorrer a un grupo chamado os Escitas, a quen se lle encarga matar xente de xeito aleatório no nome do control da povoación.

Dylan Clark e Trevor Engelson serán os produtores. Shusterman está pola súa banda a escribir a adaptación ao cinema para a Fox e a Chernin do seu libro Challenger Deep, gañador en 2015 do Prémio Nacional de Literatura nos Estados Unidos.