Gemini Man: Will Smith contra Will Smith

0
125

Will Smith está a negociar a súa entrada no reparto de Gemini Man, o vindeiro thriller de clons que rodará Ang Lee para a Skydance Pictures e mais o produtor Jerry Bruckheimer.

A história vai sobre un asasino que xa vai vello e que tenta saír do negócio, pero que se verá mergullado nunha derradeira batalla contra o seu próprio clon, que é 25 anos mais novo e que se atopa no cúmio das súas habilidades.

Smith cumpre 49 anos en setembro, polo que se vería enfrontado contra o seu “eu” de vintepoucos anos, nunha situación que o poría fronte ao Will Smith que protagonizara Fresh Prince na tele dos anos 90.

Darren Lemke creou o primeiro guión deste filme hai xa mais de 20 anos, pero a ideia non saiu adiante e leva rodando por Hollywood dende aquela, xa que durante moitos anos considerou-se imposíbel de levar a cabo.

A chegada dos persoaxes creados por computador ao cinema demostrou nombergantes que un mesmo actor pode aparecer na pantalla sendo el mesmo e sendo o seu eu de hai vinte anos perfectamente. Agora o único que fai falla é que Smith poida atopar tempo para meter este proxecto na súa axenda de traballo.