Jeff Goldblum regresa ao Mundo Xurásico

0
75

Jeff Goldblum regresará á franquía do Parque Xurásico uníndo-se asemade ao reparto que xa está a rodar a nova entrega da saga, a secuela de Jurassic World.

Goldblum coprotagonizou en 1993 o filme orixinal e foi logo o protagonista da secuela de 1997 The Lost World: Jurassic Park, pero o seu persoaxe, o matemático Ian Malcolm, desapareceu da pantalla nas últimas dúas entregas.

Goldblum unirá-se a un reparto no que xa están Chris Pratt, Bryce Dallas Howard, Toby Jones, James Cromwell, Ted Levine, Geraldine Chaplin, Rafe Spall, B.D. Wong e Justice Smith.

Ainda que polo de agora non se coñecen moitos detalles sobre o papel que fará, un dos actores secundários, Kevin Lane, revelou que o seu papel no filme é o dun piloto de submarino e que ten unha escena “épica”, o que suxire que haberá unha parte salientábel rodada baixo a auga.

O director español J.A. Bayona é o responsábel deste filme, que se estreará o 7 de xuño de 2018.