McG abandoa a He-Man

0
159

Ainda que se daba por feito o seu vencellamento ao proxecto, o director de Charlie’s Angels e Terminator: Salvation McG xa non será o máximo responsábel do relanzamento de Masters of the Universe na Sony Pictures.

McG abandonou o proxecto e agora a Sony está á procura dun novo director para atopar un substituto. Ademais confirmou-se que o guionista de Man of Steel e Batman Begins, David S. Goyer, está a escribir o libreto da nova longametraxe baseada no mundo dos xoguetes de He-Man e mais na súa série de debuxos animados.

O reparto está tamén no aire, con moitos candidatos para osprincipais papéis. Iso sinifica que probábelmente Kellan Lutz está fóra, despois de que o pasado mes de xuñ chiara na súa conta de Twitter que tivera unha “emocionante xuntanza” con McG. O director e mais a produtora Mary Viola revelaran que Lutz estaba a ser considerado moi seriamente para o papel, pero agora agárda-se que o novo director decida quen van ser os protagonistas sen ter en conta as anteriores especulacións.

O filme Masters of the Universe ten previsto estrear-se o 18 de decembro de 2019.